Mellorar a saída de son
Pode mellorar o son do seu dispositivo activando de xeito manual a configuración de
son individual como o ecualizador ou o son envolvente. Tamén pode activar o
normalizador dinámico para minimizar a diferenza de volume entre cancións ou vídeos.
Para mellorar automaticamente a saída de son
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Son e notificación > Axustes de audio.
3
Pulse o control desprazable para activar a función
ClearAudio+.
Para cambiar os axustes de son manualmente
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Son e notificación > Axustes de audio.
3
Se están activadas, desactive as funcións
ClearAudio+ e DSEE HX pulsando os
controis desprazables.
4
Pulse
Efectos de son > Ecualizador.
5
Seleccione un axuste preconfigurado na lista despregable ou axuste a
configuración de son de xeito manual arrastrando os controis desprazables cara
arriba ou cara abaixo.
O cambio manual da configuración de saída de son non afecta ás aplicacións de
comunicación por voz. Por exemplo, non hai cambios na calidade do son das chamadas de
voz.
Para minimizar as diferenzas de volume ao usar o Normalizador dinámico
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Son e notificación > Axustes de audio.
3
Desactive a función
DSEE HX pulsando o control desprazable se está activada.
4
Pulse o control desprazable para activar a función
Normalizador dinámico.
64
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.