Cargar o seu dispositivo
Use sempre un cargador orixinal de Sony e un cable USB que se corresponda
específicamente co seu modelo Xperia™. Outros cargadores e cables poden aumentar o
tempo de carga, non cargar ou incluso danar o seu dispositivo. Asegúrese de que todos os
portos USB e os conectores estean completamente secos antes de inserir o cable USB.
Un cargador de parede cargará o seu dispositivo máis rápido que un ordenador. Pode
seguir usando o dispositivo mentres está a cargar.
Se a batería está esgotada, pode que o seu dispositivo tarde ata 30 minutos en
responder á carga. Durante ese tempo, a pantalla estará completamente negra e non
amosará a icona de carga. Teña tamén en conta que unha batería completamente
esgotada pode tardar ata 4 horas en cargarse por completo.
O dispositivo ten unha batería incorporada que se pode recargar e que só debe substituír un
centro de reparación autorizado por Sony. Non tente nunca abrir ou desmontar o dispositivo
vostede mesmo. Facelo pode provocar danos que anulan a garantía.
Para cargar o seu dispositivo
35
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Enchufe o cargador a unha toma de corrente.
2
Enchufe un extremo do cable USB no cargador (ou no porto USB dun ordenador).
3
Enchufe o outro extremo do cable no porto micro USB do dispositivo, co símbolo
de USB mirando cara arriba. A luz de notificación acéndese ao comezar a cargar.
4
Cando o dispositivo estea completamente cargado, desconecte o cable do
dispositivo tirando del cara afora sen torcelo. Asegúrese de non dobrar o
conectador.
Use só o cargador fornecido co dispositivo ou otro cargador Sony deseñado para cargar o seu
dispositivo.
Se a batería está completamente esgotada, poden pasar uns minutos antes de que a luz de
notificación se acenda e apareza a icona de carga .
Estados da luz de notificación da batería
Verde
A batería está a cargar e o seu nivel de carga é superior ao 90%
Laranxa
A batería está a cargar e o seu nivel de carga é inferior ao 90%
Vermello
A batería está a cargar e o seu nivel de carga é inferior ao 15%