Axustes da cámara fotográfica
Para axustar a configuración da cámara fixa
1
Active a cámara.
2
Para amosar toda a configuración, pulse .
3
Seleccione o axuste que queira definir e despois edíteo como desexe.
Descrición xeral dos axustes da cámara fixa
Resolución
Pode seleccionar entre varias resolucións e formatos antes de tirar unha foto. As fotos
cunha maior resolución ocupan máis memoria.
21MP
5312×3984(4:3)
Resolución de 21 megapíxeles cun formato de 4:3. Este tamaño é axeitado para ver as fotos en pantallas
que non son panorámicas ou para imprimilas en alta resolución.
16MP
5344×3008(16:9)
Resolución de 16 megapíxeles cun formato de 16:9. Axeitada para ver fotos en pantallas panorámicas.
8MP
3264×2448(4:3)
Resolución de 8 megapíxeles con relación de aspecto 4:3. Este tamaño é axeitado para ver as fotos en
pantallas que non son panorámicas ou para imprimilas en alta resolución.
3MP
2048×1536(4:3)
Resolución de 3 megapíxeles con relación de aspecto 4:3. Este tamaño é axeitado para ver as fotos en
pantallas que non son panorámicas ou para imprimilas en alta resolución.
2MP
1920×1088(16:9)
Resolución de 2 megapíxeles con relación de aspecto 16:9. Axeitada para ver fotos en pantallas
panorámicas.
VGA
640×480(4:3)
VGA con formato 4:3.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Disparador automático
Co temporizador (ou disparador automático), pode facer fotos sen necesidade de
suxeitar o dispositivo. Use esta función para facer autorretratos ou fotos de grupo nas
que todos desexen saír na foto. Tamén pode usar o temporizador se quere evitar mover
a cámara ao facer fotos.
10 s
Establécese un tempo de espera de 10 segundos desde o momento en que se pulsa o botón ata que se fai
a foto.
2 s
Establécese un tempo de espera de 2 segundos desde o momento en que se pulsa o botón ata que se fai a
foto.
0,5 s
Establécese un tempo de espera de medio segundo desde o momento en que se pulsa o botón ata que se
fai a foto.
Desactivado
A foto tómase ao pulsar o botón.
Seguemento de obxecto
Cando selecciona un obxecto tocándoo no visor, a cámara séguelle a pista.
108
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
HDR
Use o axuste HDR (High-Dynamic Range) para sacar unha foto a contraluz ou en
condicións onde haxa moito contraste. O HDR compensa a perda de detalle e crea unha
imaxe que amosa as zonas escuras e brillantes.
Este axuste só está dispoñible no nos axustes de balance de brancos/valor de
exposición/HDR do modo de captura
Manual.
ISO
A sensibilidade ISO pode configurarse de modo que se axuste de xeito automático, ou
pode axustarse de xeito manual para axustes de sensibilidade entre 100 e 3200.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Medición
Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a
cantidade de luz que chegará ao suxeito que quere capturar.
Central
Determina a exposición en base ao brillo do centro do obxecto.
Puntual
Axusta a exposición nunha pequena parte do suxeito que quere capturar.
Compensada
Calcula a exposición baseada na cantidade de luz de todo o suxeito.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Previsualización automática da foto
Pode previsualizar as fotos xusto despois de sacalas.
Activado
Despois de sacar una foto, aparece a previsualización na parte inferior dereita da pantalla durante tres
segundos.
Só coa cámara dianteira
Despois de sacar una foto coa cámara frontal, aparece a previsualización na parte inferior dereita da pantalla
durante tres segundos.
Desactivado
A foto ou o vídeo gárdase despois de sacalo e non aparece ningunha previsualización.
Flash
Use o flash para sacar fotos cando as condicións de iluminación sexan pobres ou haxa
contraluz. Cando pulsa na icona de flash , aparecen as seguintes opcións na pantalla
da cámara:
Auto
A cámara determina de xeito automático se as condicións de iluminación precisan do uso de flash.
Flash de recheo
Use este axuste cando o fondo teña máis brillo que o suxeito. Esta configuración elimina as sombras
non desexadas.
Reduc. ollos vermellos
Reduce a cor vermella dos ollos ao sacar unha foto.
Desactivado
O flash está desactivado. Ás veces a calidade da foto é mellor sen o flash, mesmo en condicións de
pouca iluminación. Para sacar unha boa foto sen utilizar o flash, cómpre dispoñer dunha man firme.
Use o temporizador para evitar sacar fotos borrosas.
Lanterna
O flash está encendido de xeito continuo mentres saca fotos.
109
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Selección de escenas
Use a característica Selección de escena para axustar rapidamente a cámara a
situacións habituais usando escenas programadas previamente. A cámara determina
algúns axustes para axeitarse á escena seleccionada e garantir a obtención da mellor
foto posible.
Desactivado
A característica Selección de escena está desactivada e pode tirar fotos manualmente.
Pel suave
Tira fotos de retratos cun efecto de beleza mellorada.
Instantánea suave
Úsase para tomar fotos con fondos suaves.
Desenfoque antimovemento
Úsase para minimizar o movemento da cámara cando se fan fotos dunha escena escura.
Paisaxe
Úsase para tirar fotos de paisaxes. A cámara enfoca obxectos distantes.
Corrección contraluz HDR
Úsase para mellorar detalles en capturas con gran contraste. A corrección incorporada de luz de
fondo analiza a imaxe axustándoa de xeito automático para que teña unha captura perfectamente
iluminada.
Retrato de noite
Úsase para retratos tomados pola noite ou en situacións de pouca iluminación. Por mor do tempo de
exposición prolongado, cómpre que a cámara se manteña quieta ou se sitúe nunha superficie
estable.
Escena nocturna
Úsase para tirar fotos pola noite ou en situacións de pouca iluminación. Por mor do tempo de
exposición prolongado, cómpre que a cámara se manteña quieta ou se sitúe nunha superficie
estable.
Nocturna sen trípode
Úsase para tirar fotos cámara en man e con pouca luz para reducir o ruído e o desenfoque .
Alta sensibilidade
Úsase para tirar fotos sen flash en condicións de pouca luz. Reduce o desenfoque.
Gourmet
Úsase para tirar fotos de bodegóns de alimentos con cores brillantes.
Mascota
Úsase para tirar fotos de mascotas. Reduce o desenfoque e os ollos vermellos.
Praia
Úsase para tirar fotos de escenas que inclúan o mar ou un lago.
Neve
Úsase en contornos con moita iluminación para evitar fotos sobreexpostas.
Festa
Úsase para fotos en interiores en ambientes con pouca iluminación. Esta escena recolle a iluminación
de fondo ou das velas. Por mor do tempo de exposición prolongado, cómpre que a cámara se
manteña quieta ou se sitúe nunha superficie estable.
Deporte
Úsase para fotos de obxectos en movemento rápido. Un tempo de exposición curto minimiza o
aspecto borroso da imaxe causado polo movemento.
Documento
Úsase para fotografar texto ou debuxos. Ofrece á foto un contraste máis nítido.
Fogos de artificio
Úsase para tirar fotos de foguetes en todo o seu esplendor.
Estes axustes só están dispoñibles no modo de captura
Manual.
110
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.