Axustes da videocámara
Para axustar a configuración da videocámara
1
Active a cámara.
2
Pase o dedo para
.
3
Para amosar a configuración, pulse .
4
Seleccione o axuste que queira axustar e faga os seus cambios.
Descrición xeral dos axustes da videocámara
Resolución de vídeo
Axuste a resolución de vídeo para os diferentes formatos.
Full HD (30 fps)
1920×1080(16:9)
Formato Full HD (Full High Definition) con 30 fotogramas por segundo e formato 16:9.
Full HD (60 fps)
1920×1080(16:9)
Formato Full HD (Full High Definition) con 60 fotogramas por segundo e formato 16:9.
HD
1280×720(16:9)
HD (Alta Definición) con formato 16:9.
VGA
640×480(4:3)
VGA con formato 4:3.
MMS
Permite gravar vídeos axeitados para o envío en mensaxes multimedia. O tempo de gravación deste formato
de vídeo está limitado para que os ficheiros de vídeo caiban nunha mensaxe multimedia.
Seguemento de obxecto
Cando selecciona un obxecto tocándoo no visor, a cámara séguelle a pista.
Smile Shutter™ (vídeo)
Use a función Smile Shutter™ para determinar con que tipo de sorriso reacciona a
cámara antes de gravar un vídeo.
Vídeo HDR
Use o axuste HDR (High-Dynamic Range) para gravar un vídeo a contraluz ou en
condicións onde haxa moito contraste. Vídeo HDR compensa a perda de detalle e crea
unha imaxe que amosa as zonas escura e brillante.
SteadyShot™
Cando se grava un vídeo, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O
estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.
Activado
Actíveo para compensar o tremor da cámara.
Desactivado
O estabilizador está desactivado.
Previsualización automática da foto
Pode previsualizar vídeos xusto despois de gravalos.
Activado
A previsualización do vídeo aparece despois de gravalo.
Só coa cámara dianteira
111
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
O vídeo ábrese para a súa edición despois de gravalo.
Desactivado
O vídeo gárdase despois de gravalo e non aparece ningunha previsualización.
Luz do flash
Use a luz do flash para gravar vídeos cando as condicións de iluminación sexan pobres
ou haxa unha luz de fondo. A icona de flash de vídeo só está dispoñible na pantalla
da cámara de vídeo. Lembre que a calidade do vídeo ás veces é mellor sen luz, mesmo
en condicións de pouca iluminación.
Activado
Desactivado
Selección de escenas
A función Selección de escena axúdalle a axustar de forma rápida a cámara para as
situacións habituais usando escenas de vídeo programadas previamente. O axuste de
cada escena está deseñado para producir vídeo coa mellor calidade posible nun
contorno de gravación específico.
Desactivado
A función de Selección de escena está desactivada e pode gravar vídeos de xeito manual.
Instantánea suave
Úsase para gravar vídeos con fondos suaves.
Paisaxe
Úseo para vídeos de paisaxes. A cámara enfoca obxectos distantes.
Escena nocturna
Cando está activado, a sensibilidade da luz aumenta. Úseo en ambientes con pouca iluminación. Os
vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden verse desenfocados. Manteña a man con
firmeza ou ben use un soporte. Desactive o modo noite cando as condicións de iluminación sexan
boas para aumentar a calidade do vídeo.
Praia
Úsase para vídeos de paisaxes que inclúan o mar ou un lago.
Neve
Úseo en ambientes con moita luz para evitar vídeos sobreexpostos.
Deporte
Úseo para vídeos de obxectos en movemento rápido. Un tempo de exposición curto minimiza o
aspecto borroso da imaxe causado polo movemento.
Festa
Úseo para vídeos en interiores en ambientes con pouca iluminación. Esta escena recolle a iluminación
de fondo ou das velas. Os vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden verse
desenfocados. Manteña a man con firmeza ou ben use un soporte.
112
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.