Sony Xperia M5 - Calendario

background image

Calendario e espertador

Calendario

Use a aplicación Calendario para administrar o seu horario. Se iniciou sesión e

sincronizou o seu dispositivo cunha ou varias contas en liña que inclúen calendarios,

como por exemplo a conta de Google™ ou a conta de Xperia™ coa conta de

Facebook, entón os eventos do calendario destas contas tamén aparecerán na

aplicación Calendario. Pode seleccionar os calendarios que desexa integrar na vista de

Calendario combinada.
Ao achegarse a hora da cita, o dispositivo reproduce un son de notificación para

lembrarllo. Ademais, aparece na barra de estado.

1

Seleccionar o tipo de vista e os calendarios que desexe ver

2

Volver á data actual

3

Acceder aos axustes e a outras opcións

4

Desprazar o dedo á dereita ou á esquerda para buscar con maior rapidez

5

Axenda do día seleccionado

6

Engadir un evento de calendario

Para crear un evento de calendario

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse

Calendario.

2

Pulse .

3

Se sincronizou o seu calendario cunha ou máis contas, seleccione a conta á que

desexe engadir este evento. Se só desexa engadir este evento no dispositivo,

pulse

Calendario do dispositivo.

4

Introduza ou seleccione a información desexada e engada participantes ao

evento.

5

Para gardar o evento e enviar convites, pulse

Gardar.

Ver un evento de calendario

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse

Calendario.

2

Pulse o evento que desexe ver.

Para ver varios calendarios

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e, a continuación, localice e pulse

Calendario.

2

Pulse e despois marque as caixas de verificación correspondentes para

seleccionar os calendarios que desexe ver.

Para usar o zoom na vista do calendario

Cando estea seleccionada a vista

Semana ou Día, belisque a pantalla para

ampliala.

136

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Mostrar os festivos na aplicación Calendario

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse

Calendario.

2

Pulse e logo

Configuración.

3

Pulse

Días festivos.

4

Seleccione unha opción ou unha combinación de opcións e despois pulse

Aceptar.

Para amosar aniversarios na aplicación Calendario

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse

Calendario.

2

Pulse e logo

Configuración > Aniversarios.

3

Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de

Aniversarios.

Para ver a predición do tempo na aplicación Calendario

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse

Calendario.

2

Pulse e logo

Configuración.

3

Pulse

Previsión meteorolóxica e despois arrastre cara á dereita o control

desprazable que está situado a carón de

Previsión meteorolóxica.

4

Se os servizos de localización están desactivados, pulse

Lugar de residencia e

despois busque a localidade que desexe engadir.

Para obter máis información sobre como activar os servizos de localización, consulte

Usar os

servizos de localización

na páxina 134.

Cambiar os axustes de predición do tempo na aplicación Calendario

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse

Calendario.

2

Pulse e logo

Configuración.

3

Pulse

Previsión meteorolóxica.

4

Cambie os axustes como desexe.