Multichamada
Cunha multichamada ou chamada con varios participantes pode manter á vez unha
conversa con dúas persoas ou máis.
Para obter detalles sobre o número de participantes que pode engadir a unha multichamada,
contacte co seu fornecedor de rede.
Para facer unha multichamada
1
Durante unha chamada en curso, pulse . Amósase o rexistro de chamadas.
2
Para ver o teclado de marcación, pulse .
3
Marque o número do segundo participante e pulse . O primeiro participante
porase temporalmente en espera.
4
Para engadir o segundo participante á chamada e iniciar a multichamada, pulse
.
5
Para engadir máis participantes á chamada, repita os pasos correspondentes
como se describiu antes.
Para manter unha conversa privada cun participante dunha multichamada
1
Durante unha chamada de conferencia en curso, pulse
Xestionar multichamada.
2
Pulse o número de teléfono do participante co que quere ter unha conversa
privada.
3
Para rematar a conversa privada e volver á multichamada, pulse .
Para eliminar a un participante dunha chamada de conferencia
1
Durante unha chamada de conferencia en curso, pulse
Xestionar multichamada.
2
Pulse a icona situada a carón do participante que quere eliminar.
Para finalizar unha multichamada
•
Durante a multichamada, pulse .