Sony Xperia M5 - Organizar as mensaxes de correo electrónico

background image

Organizar as mensaxes de correo electrónico

Para ordenar os correos electrónicos

1

Dende a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Correo electrónico .

3

Se está a usar varias contas de correo, pulse e seleccione a conta cuxa caixa

de entrada quere ordenar. Se desexa ordenar os correos electrónicos en todas as

súas contas á vez, pulse e logo pulse

Caixa de entr. combinada.

4

Pulse , e logo pulse

Ordenar.

5

Seleccione unha opción de orde.

Para buscar correos electrónicos

1

Dende a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse

Correo electrónico.

2

Se usa varias contas de correo, pulse e seleccione a conta na que quere

buscar. Se desexa procurar en todas as súas contas de correo electrónico á vez,

pulse e logo pulse

Caixa de entr. combinada.

3

Pulse .

4

Introduza o seu texto de procura e logo pulse no teclado.

5

Os resultados da procura aparecen nunha lista ordenada por data. Pulse a

mensaxe de correo electrónico que desexe abrir.

Para ver todos os cartafoles dunha conta de correo

1

Dende a Pantalla de inicio, pulse , e logo localice e pulse

Correo electrónico.

2

Pulse , logo seleccione a conta que desexe sincronizar.

3

Na conta que quere comprobar, seleccione

Todos os cartafoles.

Eliminar un correo electrónico

Na súa caixa de entrada de correo electrónico, pase o dedo pola mensaxe que

desexa eliminar cara á dereita.

Para que a funcionalidade descrita anteriormente funcione, a función Pasar o dedo para

eliminar debe estar activada. Normalmente está activada de xeito predeterminado. Para

asegurarse de que está activada, pulse >

Configuración e, a continuación, marque a caixa de

verificación situada a carón de

Pasar o dedo p. org. ou eliminar.

Para mover unha mensaxe de correo electrónico a outro cartafol

1

Na súa caixa de entrada de correo electrónico, pase o dedo pola mensaxe que

desexa mover cara á esquerda.

2

Pulse

Mover e, a continuación, seleccione un cartafol.

Para que a funcionalidade descrita anteriormente funcione, a función Pasar o dedo para

eliminar debe estar activada. Normalmente está activada de xeito predeterminado. Para

asegurarse de que está activada, pulse >

Configuración e, a continuación, marque a caixa de

verificación situada a carón de

Pasar o dedo p. org. ou eliminar.