Sony Xperia M5 - Descargar aplicacións doutras fontes

background image

Descargar aplicacións doutras fontes

Cando o dispositivo estea configurado para permitir descargas doutras fontes distintas

de Google Play™, pode descargar aplicacións directamente doutros sitios web seguindo

as instrucións de descarga correspondentes.

A instalación de aplicacións de orixe descoñecida ou pouco fiable pode danar o dispositivo.

Descargue aplicacións só de fontes fiables. Se ten calquera dúbida ou pregunta, póñase en

contacto co fornecedor da aplicación.

Se está a utilizar un dispositivo con varios usuarios, só o propietario, é dicir, o usuario

principal, pode permitir as descargas doutras fontes distintas de Google Play™. Os cambios

establecidos polo propietario afectan aos demais usuarios.

Para activar ou desactivar a descarga de aplicacións doutras fontes

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade.

3

Pulse o control desprazabre

Fontes descoñecidas.

4

Pulse

Aceptar.

Algunhas aplicacións poden precisar acceso a datos, configuración e varias funcións do seu

dispositivo para funcionar de xeito apropiado. Só instale e conceda permiso a aplicacións nas

que confíe. Pode consultar os permisos concedidos a unha aplicación descargada e, ademais,

pode cambiar o seu estado pulsando sobre a aplicación en

Axustes > Aplicacións.

46

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.