Editar texto
Pode seleccionar, cortar, copiar e pegar texto segundo escribe. Pode acceder ás
opcións de edición pulsando dúas veces no texto introducido. As opcións de edición
fanse dispoñibles nunha barra de aplicacións.
Barra de edición de texto
Despois de seleccionar texto pulsado dúas veces nunha palabra, aparece unha barra de
edición con varias ferramentas dispoñibles:
•
Cortar
•
Copiar
•
Pegar
•
Compartir
•
Seleccionar todo
•
Asistencia
A opción
Pegar só aparece cando hai texto gardado no portapapeis.
69
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para seleccionar texto
1
Pulse dúas veces nunha palabra para destacala.
2
Pode arrastrar as fichas que aparecen nos lados da palabra destacada para
seleccionar máis texto.
Para editar texto
1
Pulse dúas veces nunha palabra para que apareza a barra da aplicación.
2
Seleccione o texto que quere editar e, a continuación, use a barra de aplicacións
para realizar os cambios que desexe.