Sony Xperia M5 - Compartir e xestionar fotos e vídeos

background image

Compartir e xestionar fotos e vídeos

Pode compartir fotos e vídeos que xa ten gardados no dispositivo. Tamén pode

xestionalos de diferentes xeitos. Por exemplo, pode traballar con fotos en lotes, eliminar

fotos e ligalas aos contactos. Se dispón de moitas fotos gardadas no seu dispositivo é

boa idea transferilas con regularidade a un ordenador ou dispositivo de almacenamento

externo a fin de evitar posibles perdas de datos. Ao facelo tamén liberará espazo no seu

dispositivo. Consulte

Xestionar ficheiros cun ordenador

na páxina 40.

É posible que non poida copiar, enviar ou transferir elementos protexidos con dereitos de

autor. Tamén é posible que non se envíen algúns elementos se o ficheiro é demasiado grande.

Para compartir unha foto ou un vídeo

1

En Álbum, localice e pulse a foto ou o vídeo que desexe compartir.

2

Pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas, logo pulse .

3

Pulse na aplicación que desexe usar para compartir a foto e logo siga os pasos

para enviala.

Para utilizar unha foto como imaxe dun contacto

1

Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para amosar as barras de

ferramentas, despois pulse >

Usar como > Imaxe de contacto.

2

Seleccione un contacto e, a continuación, edite a foto como desexe.

3

Pulse

Gardar.

Para usar unha foto como fondo

1

Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas

e logo pulse >

Usar como > Fondo.

2

Siga as instrucións en pantalla.

Para xirar unha foto

1

Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas

e logo pulse .

2

Pulse

Xirar e seleccione unha opción. A foto gárdase coa nova orientación.

Para eliminar unha foto ou un vídeo

1

Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas

e logo pulse .

2

Pulse

Eliminar.

Para traballar con lotes de fotos e vídeos en Álbum

1

Cando vexa miniaturas de fotos de vídeos en Álbum, toque e manteña pulsado un

elemento ata que estea resaltado.

2

Pulse outros os elementos cos que desexe traballar. Se desexa seleccionar todos

os elementos, pulse e logo pulse

Selec. todo.

3

Use as ferramentas da barra de ferramentas para traballar cos elementos que

seleccionou.

114

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Analizar fotos con caras no Álbum

No teu dispositivo podes analizar calquera foto que conteña caras. Unha vez activada, a

función de análise de foto permanecerá activada e as novas fotos analizaranse segundo

se vaian engadindo. Despois de realizar unha análise, pode agrupar todas as fotos da

mesma persoa nunha carpeta.

Para activar a característica de análise de foto

1

Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Álbum.

3

Pulse e logo

Caras. Todas as fotos do dispositivo analízanse e agrúpanse no

cartafol de caras sen nome.

Poñerlle un nome a unha cara

1

No mosaico

Caras, pulse o cartafol Caras sen nome e logo navegue ao cartafol

Outras caras e escolla a cara á que desexa poñerlle un nome.

2

Pulse

Engadir nome.

3

Escriba un nome e logo pulse

Feito > Engadir como nova persoa.

Para editar o nome dunha cara

1

Cando estea a ver unha cara na vista de pantalla completa, pulse na pantalla para

ver as barras de ferramentas e logo pulse >

Editar etiquetas de nome.

2

Pulse

Aceptar.

3

Pulse o nome da cara que desexe editar.

4

Edite o nome e logo pulse

Feito > Engadir como nova persoa.