Sony Xperia M5 - Menú da pantalla de inicio de Álbum

background image

Menú da pantalla de inicio de Álbum

Dende o menú da pantalla de inicio de Álbum, pode ver todos os álbums de fotos,

incluídas fotos e vídeos feitos usando efectos especiais, así como o contido compartido

en liña a través de servizos como Picasa™ e Facebook. Unha vez iniciou sesión nesas

plataformas, pode xestionar o contido e ver as imaxes en liña. Dende a aplicación

Álbum, tamén pode engadir xeoetiquetas ás fotos, realizar tarefas básicas de edición e

usar métodos como a tecnoloxía sen fíos Bluetooth® e o correo electrónico para

compartir contido.

1

Volver á pantalla de inicio da aplicación Álbum para ver todo o contido

2

Ver as súas fotos e vídeos favoritos

3

Ver todos os vídeos gardados no seu dispositivo

4

Ver as fotos nun mapa ou na vista Globo

5

Ver todas as fotos e vídeos sacados coa cámara do dispositivo usando efectos especiais

6

Ver todas as fotos e vídeos gardados no seu dispositivo en diferentes cartafoles

7

Ver todas as fotos con caras

8

Ver fotos e vídeos noutros dispositivos na mesma rede

9

Abrir o menú de configuración da aplicación de Álbum

10 Abrir a asistencia técnica web

11 Desprácese cara arriba ou abaixo para ver o contido

117

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para ver fotos desde servizos en liña en Álbum

1

Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Álbum e logo .

3

Pulse o servizo en liña que desexe e logo siga as instrucións da pantalla para

inicialo. Amósanse todos os álbums en liña dispoñibles que cargara ao servizo.

4

Pulse calquera álbum para ver o seu contido e, a continuación, pulse unha foto no

álbum.

5

Pulse lixeiramente cara á esquerda para ver a seguinte foto ou vídeo. Toque

lixeiramente cara á dereita para ver a foto ou o vídeo anterior.