Ver fotos e vídeos
Use a aplicación Álbum para ver fotos e reproducir vídeos tomados coa cámara ou para
ver contido similar gardado no seu dispositivo. Todas as fotos e os vídeos amósanse
nunha grade ordenada de xeito cronolóxico.
1
Pulsar a icona para abrir o menú da pantalla de inicio de Álbum
2
Ver unha presentación de todas as imaxes ou só das engadidas como favoritas
3
Arrastrar o bordo esquerdo da pantalla cara á dereita para abrir o menú da pantalla de inicio de Álbum
4
O intervalo de datas dos elementos no grupo actual
5
Pulsar nunha foto ou nun vídeo para abrilo na vista a pantalla completa
6
Desprazarse cara arriba ou abaixo para ver o contido
Para ver fotos e vídeos
1
Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Álbum.
3
Pulse unha foto ou vídeo que desexe ver. En caso necesario, pulse .
4
Pulse lixeiramente cara á esquerda para ver a seguinte foto ou vídeo. Toque
lixeiramente cara á dereita para ver a foto ou o vídeo anterior.
Para axustar a pantalla de modo que xire de xeito automático ao inclinar o dispositivo cara
aos lados, pulse
Xiro automático da pantalla baixo Axustes > Pantalla > Xiro da pantalla.
Para cambiar o tamaño das miniaturas
•
Cando estea a ver miniaturas de fotos e vídeos no Álbum, afaste dous dedos para
aumentar o zoom ou xúnteos para reducilo.
Para ampliar unha foto
•
Cando estea a ver unha foto, separe dous dedos para aumentar o zoom ou xúnteos
para reducilo.
Para ver unha presentación de diapositivas das súas fotos
1
Cando estea a ver unha foto, pulse a pantalla para que se amosen as barras de
ferramentas, despois pulse >
Presentación de diapositiv. para iniciar a
reprodución de todas as fotos no álbum.
2
Pulse nunha foto para finalizar a presentación de diapositivas.
Para reproducir un vídeo
1
En Álbum, localice e pulse o vídeo que desexe reproducir.
2
Pulse .
3
Se non se amosan os controis da reprodución, pulse na pantalla para que se
amosen. Para ocultar os controis, pulse de novo na pantalla.
113
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para facer unha pausa nun vídeo
1
Cando se reproduce un vídeo, pulse a pantalla para amosar os controis.
2
Pulse .
Para avanzar rápido e rebobinar un vídeo
1
Cando se estea reproducindo un vídeo, pulse a pantalla para amosar os controis.
2
Arrastre o marcador da barra de progreso cara á esquerda para rebobinar, ou
cara á dereita para avanzar rápido.
Para axustar o volume dun vídeo
•
Prema a tecla de volume.