Sony Xperia M5 - Escoitar música

background image

Escoitar música

Use a aplicación Música para escoitar as súas cancións e audiolibros favoritos.

1

Minimizar o reprodutor de pantalla completa

2

Procurar todas as cancións gardadas no dispositivo

3

Ver a cola de reprodución actual

4

Portada do álbum (se está dispoñible)

5

Indicador de progreso: arrastre o indicador ou pulse ao longo da liña para avanzar ou rebobinar

6

Tempo transcorrido da canción actual

7

Duración total da canción actual

8

Repetir todas as cancións da cola de reprodución actual

9

Pulsar para ir á canción seguinte na cola de reprodución, tocar e manter para avanzar rápido na canción

actual

10 Reproducir ou deter unha canción

11 Pulsar para ir á canción anterior na cola de reprodución, tocar e manter para retroceder rápido na

canción actual

12 Reproducir cancións de forma aleatoria na cola de reprodución actual

94

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Pantalla de inicio de Música

1

Pulse na esquina superior esquerda para abrir o menú de Música

2

Desprácese cara arriba ou abaixo para ver o contido

3

Reproducir unha canción usando a aplicación Música

4

Reproducir todas as cancións no modo aleatorio

5

Volver á pantalla do reprodutor de música

Para reproducir unha canción coa aplicación Música

1

Dende a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse .

2

Pulse .

3

Seleccione unha categoría de música.

4

Pulse unha canción para reproducila.

É posible que non poida reproducir elementos protexidos con copyright. Verifique que ten os

dereitos necesarios do material que desexe compartir.

Para buscar información relacionada cunha canción en liña

Durante a reprodución dunha canción coa aplicación Música, pulse na portada do

álbum e despois pulse

Máis información.

Os recursos en liña relacionados coa canción poden incluír vídeos en YouTube™, letras da

canción e información do artista en Wikipedia.

Para editar información da música

1

Na aplicación Música, pulse a portada do álbum e pulse

Editar info. da música.

2

Edite a información como desexe.

3

Cando remate, pulse

Gardar.

Para axustar o volume do son

Prema a tecla de volume.

Para minimizar a aplicación Música

Durante a reprodución dunha canción, pulse para ir á Pantalla de inicio. A

aplicación Música segue funcionando nun segundo plano.

Para abrir a aplicación Música cando está funcionando en segundo plano

Cando unha canción se está a reproducir nun segundo plano, arrastre a barra de

estado cara abaixo e pulse a aplicación Música.

Tamén pode, dende a súa Pantalla de inicio, pulsar e logo localizar e pulsar .