Transferir música ao seu dispositivo
Hai diferentes xeitos de transferir música desde un ordenador ao dispositivo:
•
Pode transferir ficheiros de música entre o seu dispositivo e un ordenador usando o
cable USB fornecido. Despois de conectar, seleccione
Transferir ficheiros (MTP) no seu
dispositivo, simplemente copie e pegue ou arrastre e solte os ficheiros usando o
ordenador. Consulte
Xestionar ficheiros cun ordenador
na páxina 40.
•
Pode usar o software Xperia™ Companion para transferir os ficheiros multimedia entre o
ordenador e o dispositivo. Obteña máis información e descargue Xperia™ Companion
para Windows en http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion ou Xperia™
Companion para Mac en http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion-mac.
É posible que a aplicación Música non admita todos os formatos de ficheiros de música. Para
máis información sobre os formatos de ficheiros admitidos e sobre o uso de ficheiros
multimedia (son, imaxe e vídeo), descargue a documentación para o seu dispositivo en
www.sonymobile.com/support
.