Montaxe
O seu dispositivo só é compatible con tarxetas nano SIM. Utilice só tarxetas nano SIM
orixinais deseñadas especialmente para axustarse á rañura da tarxeta nano SIM do seu
dispositivo.
8
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para inserir a tarxeta SIM nano
O seu dispositivo só é compatible con tarxetas SIM nano. Asegúrese de usar o soporte de
tarxetas SIM nano e non confunda a rañura da tarxeta SIM nano coa da tarxeta de memoria.
1
Insira unha unlla no oco entre a parte superior da tapa da rañura da tarxeta SIM
nano e o dispositivo e, a continuación, abra a tapa.
2
Mediante a punta dun clip de papel despregado (ou un obxecto similar cunha
punta longa e fina), prema o botón situado a carón da rañura da tarxeta SIM nano
(tal e como se mostra na ilustración) para que se expulse o soporte da tarxeta
SIM nano.
3
Arrastre o soporte da tarxeta SIM nano cara fóra completamente.
4
Coloque a tarxeta SIM nano no soporte e, a continuación, volva inserir este.
5
Peche a tapa.
Se insire unha tarxeta SIM nano mentres o dispositivo está acendido, o dispositivo reiniciarase
de xeito automático.
Para inserir unha tarxeta de memoria
1
Insira unha unlla no oco entre a parte superior da tapa da rañura da tarxeta de
memoria e o dispositivo e, a continuación, abra a tapa.
2
Mediante a punta dun clip de papel despregado (ou un obxecto similar cunha
punta longa e fina), prema o botón situado a carón da rañura da tarxeta de
memoria (tal e como se mostra na ilustración) para que se expulse o soporte da
tarxeta de memoria.
3
Arrastre o soporte da tarxeta de memoria cara fóra completamente.
4
Coloque a tarxeta de memoria no soporte e, a continuación, volva inserir este.
5
Peche a tapa.
Asegúrese de inserir a tarxeta de memoria na orientación correcta.
Para retirar a tarxeta nano SIM
9
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Abra a tapa das rañuras das tarxetas SIM nano e de memoria.
2
Cunha unlla retire a bandexa da tarxeta nano SIM.
3
Extraia a tarxeta nano SIM e volva a inserir a bandexa.
4
Peche a tapa.
Para extraer a tarxeta de memoria
1
Apague o dispositivo ou desmonte a tarxeta de memoria desde
Axustes >
Almacenamento e memoria > a carón da Tarxeta SD.
2
Coa pantalla cara arriba, abra a tapa da rañura da tarxeta nano SIM/de memoria.
3
Cunha unlla, retire a bandexa da tarxeta de memoria.
4
Extraia a tarxeta de memoria e insira a bandexa na rañura ata que quede no sitio.