Por que necesito unha conta de Google™?
O seu dispositivo Xperia™de Sony usa a plataforma Android™ desenvolvida por
Google™. Hai unha ampla gama de aplicacións e servizos de Google™ dispoñibles no
seu dispositivo cando o adquire, por exemplo, Gmail™, Google Maps™, YouTube™ e a
aplicación Play Store™, que lle ofrece acceso á tenda en liña Google Play™ para
descargar aplicacións Android™. Para aproveitar ao máximo estes servizos, necesita
unha conta de Google™. Por exemplo, unha conta de Google™ permítelle facer todo o
seguinte:
•
Descargar e instalar aplicacións de Google Play™.
•
Sincronizar o seu correo electrónico, contactos e o calendario con Gmail™.
•
Conversar con amigos coa aplicación Hangouts™.
•
Sincronizar o seu historial de navegación e favoritos co navegador web Google
Chrome™.
•
Identifíquese como usuario autorizado despois de reparar o software con Xperia™
Companion.
•
Buscar, bloquear ou borrar un dispositivo perdido ou roubado de xeito remoto cos
servizos de my Xperia™ ou Administrador de dispositivos Android™.
Para obter máis información sobre Android™ e Google™, vaia a
http://support.google.com
.
É moi importante que lembre o nome de usuario e o contrasinal da súa conta de Google™.
Nalgunhas situacións, é posible que teña que identificarse por motivos de seguridade coa súa
conta de Google™. Se non proporciona o nome de usuario e o contrasinal da súa conta de
Google™ nesas situacións, bloquearase o seu dispositivo. Ademais, se ten máis dunha conta
de Google™, asegúrese de inserir os detalles da conta correspondente.
Para configurar unha conta de Google™ no seu dispositivo
1
Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Sincronizar conta > Engadir conta > Google.
3
Siga as instrucións do asistente de rexistro para crear unha conta de Google™ ou
inicie a sesión se xa dispón dunha.
Tamén pode crear unha conta de Google mediante a guía de configuración cando acenda o
dispositivo por primeira vez ou, máis adiante, pode acceder a Internet e crear unha conta en
www.google.com/accounts
.
Para eliminar unha conta de Google™
1
Dende a súa Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse
Axustes > Sincronizar conta > Google.
3
Seleccione a conta de Google™ que desexa eliminar.
4
Pulse >
Eliminar conta.
5
Pulse
Eliminar conta de novo para confirmar.
Se elimina a súa conta de Google™, as funcións de seguridade ligadas a esta xa non estarán
dispoñibles.
Se vai prestar o dispositivo a alguén para que o use durante un período prolongado, é
recomendable eliminar a súa conta de Google™ do dispositivo.
11
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.