Atopar o número de identificación do dispositivo
O seu dispositivo ten un número de identificación único. Este número recibe o nome de
IMEI (Identificación Internacional de Equipo Móbil). Debe gardar unha copia deste
número. Pode que o precise, por exemplo, para acceder ao servizo de atención ao
cliente de Xperia™ Care para rexistrar o seu dispositivo. Así mesmo, se lle rouban o
dispositivo, algúns fornecedores de rede poden usar este número para evitar que o seu
dispositivo acceda á rede no seu país.
18
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Ver o número IMEI na bandexa da etiqueta
1
Insira unha unlla no oco entre a parte superior da tapa da rañura da tarxeta de
memoria e o dispositivo e abra a tapa da rañura.
2
Coa punta dun suxeitapapeis estirado (ou outro obxecto similar cunha punta
longa e fina), pulse o botón situado a carón da rañura da tarxeta nano SIM para
facer que o soporte da tarxeta nano SIM salte.
3
Retire o soporte da tarxeta nano SIM.
4
Coa mesma ferramenta que no paso 2, arrastre a bandexa da etiqueta desde a
rañura da tarxeta nano SIM. O número IMEI amósase na bandexa da etiqueta.
Para obter máis información sobre como extraer o soporte da tarxeta nano SIM, consulte as
instrucións sobre como inserir unha tarxeta nano SIM. Se xa hai unha tarxeta SIM inserida no
dispositivo, este reiníciase automaticamente cando salta o soporte.
Para ver o número IMEI, tamén pode abrir o marcador do teléfono e marcar
*#06#
.
Para ver o número EMEI a través dos axustes do dispositivo
1
Dende a súa
Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Acerca do teléfono > Estado > Información de IMEI.