Sony Xperia M5 - Desbloquear o dispositivo de forma automática

background image

Desbloquear o dispositivo de forma automática

A característica Smart Lock facilita o desbloqueo do dispositivo permitíndolle axustalo

para que se desbloquee de forma automática nalgunhas situacións. Pode manter o

dispositivo desbloqueado, por exemplo, cando está conectado a un dispositivo

Bluetooth® ou cando o transporta.
Para preparar o dispositivo para que se desbloquee de forma automática, primeiro debe

levar a cabo os seguintes pasos nesta orde:

Asegúrese de que ten unha conexión a Internet activa, preferentemente unha conexión

Wi-Fi para limitar os cargos do tráfico de datos.

Asegúrese de que todas as aplicacións están actualizadas mediante a aplicación Play

Store™ para asegurar que a aplicación de servizos Google Play™ está actualizada. Ter

unha aplicación de servizos Google Play™ actualizada asegúralle o uso das últimas

características de Smart Lock.

Activar Smart Lock.

Axuste cando quere que o dispositivo se desbloquee de forma automática.

A característica Smart Lock está desenvolta por Google™ e a funcionalidade exacta pode

cambiar co paso do tempo debido a actualizacións de Google™.

É posible que a característica Smart Lock non estea dispoñible en todos os mercados,

países ou rexións.

Para activar Smart Lock

1

Se ainda non o configurou, estableza un PIN ou contrasinal como un bloqueo de

pantalla.

2

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Axentes de

confianza.

4

Pulse o control desprazabre

Smart Lock (Google) para activar a función.

5

Pulse na frecha atrás xunto a

Axentes de confianza.

6

Localice e pulse

Smart Lock.

7

Introduza o patrón, PIN ou contrasinal. Deberá introducir este bloqueo de pantalla

cada vez que queira cambiar a configuración de Smart Lock.

8

Seleccione un tipo de Smart Lock.

Configurar cando manter o dispositivo desbloqueado de forma

automática

Pode configurar Smart Lock para manter o dispositivo desbloqueado mediante os

seguintes axustes:

Dispositivos de confianza— manteña o dispositivo desbloqueado cando está

conectado un dispositivo Bluetooth® de confianza.

Sitios de confianza— manteña o dispositivo desbloqueado cando está nunha

localización de confianza.

14

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Detección de uso polo propietario— manteña o dispositivo desbloqueado cando

transporta o dispositivo.

Cara de confianza — desbloquee o teléfono mirándoo.

Voz de confianza — configure o recoñecemento de voz para buscar en calquera

pantalla.
Terá que desbloquear o dispositivo de forma manual cando non o use durante 4 horas e

despois de reinicialo.

Conectarse a dispositivos Bluetooth® de confianza

Pode designar un dispositivo Bluetooth® conectado como dispositivo de confianza e

manter o seu dispositivo Xperia™ desbloqueado mentres está conectado a el. De modo

que se ten dispositivos Bluetooth® que conecte de forma habitual, por exemplo, un

altofalante do coche ou un sistema de cine na casa, un reloxo Bluetooth® ou un monitor

da actividade, pode engadilos como dispositivos de confianza e saltar a seguridade

engadida da pantalla de bloqueo para aforrar tempo. Esta característica é adecuada se

está normalmente nun lugar seguro cando usa estes dispositivos. Nalgúns casos, pode

que teña que desbloquear de forma manual o dispositivo antes de que o dispositivo de

confianza se poida conectar.

Non se recomenda engadir dispositivos que estean conectados de forma constante como

dispositivos de confianza, por exemplo, teclados ou fundas Bluetooth®.

Tan pronto como un dispositivo Bluetooth® de confianza se apaga ou sae do rango, a

pantalla bloquéase e necesita un PIN, patrón ou contrasinal para desbloqueala.

Para engadir un dispositivo Bluetooth® de confianza

1

Asegúrese de que o dispositivo está asociado e conectado co dispositivo

Bluetooth® que quere engadir como dispositivo de confianza.

2

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Engadir dispositivo de confianza > Bluetooth.

3

Pulse o nome dun dispositivo para seleccionalo da lista de dispositivos

conectados. Nesta lista só aparecen dispositivos asociados.

4

Dependendo da seguridade da conexión, pode que teña que desbloquear de

forma manual o dispositivo antes de que o dispositivo de confianza o poida

manter desbloqueado.

Para eliminar un dispositivo Bluetooth® de confianza

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Dispositivos de confianza.

3

Pulse no dispositivo que desexe eliminar.

4

Pulse

Eliminar dispositivo de confianza.

Asegurarse de estar seguro ao usar dispositivos de confianza

Os diferentes dispositivos Bluetooth® admiten diferentes estándares e capacidades de

seguridade Bluetooth®. Existe a posibilidade de que alguén poida manter o seu

dispositivo Xperia™ desbloqueado imitando a súa conexión Bluetooth®, mesmo se o

dispositivo de confianza xa non está cerca. O dispositivo non pode determinar sempre

se a conexión está a salvo de que alguén tente imitala.
Cando o dispositivo non pode determinar se está usando unha conexión segura, recibirá

unha notificación no dispositivo Xperia™ e pode que teña que desbloquealo de forma

manual antes de que o dispositivo de confianza poida mantelo desbloqueado.

O rango de conectividade Bluetooth® pode variar dependendo de factores como o modelo

do dispositivo, o dispositivo Bluetooth® conectado e o entorno. Dependendo destes

factores, as conexións Bluetooth® poden funcionar en distancias de ata 100 metros.

15

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Conectarse a sitios de confianza

Cando a función Sitios de confianza está configurada, a seguridade da pantalla de

bloqueo do seu dispositivo Xperia™ desactívase cando está nunha localización

designada como de confianza. Para que esta característica funcione, debe ter unha

conexión a Internet, preferentemente por Wi-Fi, e permitir ao dispositivo usar a

localización actual.
Para configurar os sitios de confianza, primeiro asegúrese de que o modo localización

de alta precisión ou o modo de localización de aforro de batería está activado no

dispositivo antes de engadir unha localización inicial ou personalizada.

As dimensións exactas da localización de confianza son estimadas e poden estenderse máis

alá dos muros físicos da súa casa ou doutras zonas que engadiu como localizacións de

confianza. Esta característica pode manter o dispositivo desbloqueado dentro dun radio de

ata 80 metros. Teña tamén en conta que os sinais de localización poden ser copiados ou

manipulados. Alguén con acceso a un equipamento especializado pode desbloquear o

dispositivo.

Para engadir a localización da súa casa

1

Asegúrese de que os

Servizos de localización estean activados e de que estea a

usar o axuste de modo de localización

Alta precisión ou Aforro de batería.

2

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Sitios de confianza > Inicio.

4

Pulse

Activar esta localización.

Para editar a localización da súa casa

1

Asegúrese de que os

Servizos de localización estean activados e de que estea a

usar o axuste de modo

Alta precisión ou Aforro de batería.

2

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Sitios de confianza.

4

Seleccione a localización da súa casa

5

Pulse

Editar.

6

Na barra de busca, introduza a localización que quere usar como localización da

súa casa.

Se outras residencias comparten o seu enderezo, pode engadir a localización real da súa

casa dentro do complexo de edificios como lugar personalizado.

Para eliminar a localización da súa casa

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Servizos de localización, e logo pulse o control

desprazable para activar ou desactivar os servizos de localización.

3

Toque

Modo e logo escolla o axuste de modo de Localización Alta precisión ou

Aforro de batería.

4

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

5

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Sitios de confianza > Inicio.

6

Pulse

Desactivar esta localización.

Usar localizacións personalizadas

Pode engadir calquera localización como de confianza personalizada na que o

dispositivo pode permanecer desbloqueado.

16

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para engadir un lugar personalizado

1

Asegúrese de que o modo de localización estea activado e de que estea a usar o

axuste

Alta precisión ou Aforro de batería.

2

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Sitios de confianza.

4

Pulse

Engadir sitio de confianza.

5

Para usar a localización actual como lugar de confianza personalizado, pulse

Seleccionar esta localización.

6

De forma alternativa, para introducir outra localización, pulse a icona da lupa e

escriba o enderezo. O dispositivo busca a localización introducida. Para usar o

enderezo suxerido, pulse o enderezo.

7

Para axustar a localización, pulse a frecha atrás xunto ao enderezo, arrastre o

alfinete de localización á localización desexada e pulse

Seleccionar esta

localización.

Para editar un sitio personalizado

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Servizos de localización, e logo pulse o control

desprazable para activar ou desactivar os servizos de localización.

3

Toque

Modo e logo escolla o axuste de modo de Localización Alta precisión ou

Aforro de batería.

4

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

5

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Sitios de confianza.

6

Seleccione o sitio que desexe editar.

7

Pulse

Editar enderezo.

8

Para introducir outra localización, pulse a icona da lupa e escriba o enderezo. O

dispositivo busca a localización introducida. Para usar o enderezo suxerido, pulse

o enderezo.

9

Para axustar a localización, pulse a frecha atrás xunto ao enderezo, despóis

arrastre o alfinete de localización á localización desexada e pulse

Seleccionar

esta localización.

Para eliminar un sitio personalizado

1

Asegúrese de que o modo de localización estea activado e de que estea a usar o

axuste

Alta precisión ou Aforro de batería.

2

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Sitios de confianza.

4

Seleccione o sitio que desexa eliminar.

5

Pulse

Eliminar.

Manter o dispositivo desbloqueado mentres o transporta

Mediante a característica de Detección de uso polo propietario, pode ter o dispositivo

desbloqueado cando o leva na man, no peto ou no bolso. O acelerómetro do dispositivo

manteno desbloqueado cando sente que o están a transportar. O dispositivo bloquéase

cando o acelerómetro detecta que o dispositivo se pousou.
Cando se usa a característica de Detección de uso polo propietario, debe ser consciente

dos seguintes comportamentos:

En canto pouse o dispositivo e este sinta que xa non o están a transportar, bloquéase

de xeito automático.

O dispositivo pode tardar un minuto en bloquearse.

Se sube nun coche, autobús, tren ou calquera outro vehículo terrestre, o dispositivo

pode tardar entre 5 e 10 minutos en bloquearse.

Teña en conta que cando sube a un avión ou barco (ou outro vehículo non terrestre), o

dispositivo pode non bloquearse de forma automática, polo que debe asegurarse de

bloquealo de forma manual se o precisa.

17

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Cando volve coller o dispositivo ou cando sae do vehículo, desbloquéeo unha vez e o

dispositivo permanece desbloqueado tanto tempo como o teña consigo.

A característica de Detección de uso polo propietario non pode distinguir a que propietario

está conectado. Se lle dá o dispositivo a outra persoa mentres está desbloqueado mediante a

Detección de uso polo propietario, o dispositivo pode permanecer desbloqueado para o outro

usuario. Teña en conta que a Detección de uso polo propietario como característica de

seguridade é menos segura que un patrón, PIN ou contrasinal.

Para activar ou desactivar a detección de uso polo propietario

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Smart Lock >

Detección de uso polo propietario.

3

Pulse o control desprazabre para activar ou desactivar a función.