Sony Xperia M5 - Protección da tarxeta SIM

background image

Protección da tarxeta SIM

Pode bloquear e desbloquear cada tarxeta SIM que utilice no seu dispositivo cun PIN

(número de identificación persoal). Cando unha tarxeta SIM está bloqueada, a

subscrición ligada á tarxeta está protexida contra uso indebido, o que significa que ten

que introducir o PIN cada vez que inicie o dispositivo.
Se insire o PIN de xeito incorrecto moitas veces, bloquearase a súa tarxeta SIM. Logo

terá que introducir o seu PUK (código de desbloqueo persoal) e un novo PIN. O

operador de rede forneceralle os códigos PIN e PUK.

Para configurar ou extraer unha tarxeta SIM

1

Dende a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Configurar o

bloqueo da tarxeta SIM.

3

Pulse o control desprazabre

Bloquear a tarxeta SIM para activar ou desactivar o

bloqueo da tarxeta SIM.

4

Introduza o PIN da tarxeta SIM e pulse

Aceptar. O bloqueo da tarxeta SIM agora

está activado e pediráselle que introduza o PIN cada vez que reinicie o dispositivo.

Para cambiar o PIN da tarxeta SIM

1

Desde a

Pantalla de inicio pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Pantalla de bloqueo e seguridade > Configurar o

bloqueo da tarxeta SIM.

3

Pulse

Cambiar o PIN da SIM.

4

Insira o PIN antigo da tarxeta SIM e pulse

Aceptar.

5

Insira o novo PIN da tarxeta SIM e pulse

Aceptar.

6

Volva escribir o novo PIN da tarxeta SIM e pulse

Aceptar.

Para desbloquear unha tarxeta SIM bloqueada usando o código PUK

1

Introduza o código PUK e pulse

.

2

Introduza un novo código PIN e pulse

.

3

Volva introducir o código PIN novo e pulse

.

Se o seu dispositivo require un código PUK, póñase en contacto co servizo ao cliente de

Verizon Wireless para que llo faciliten.