Sincronizar con Microsoft® Exchange ActiveSync®
Se a súa empresa usa unha conta de Microsoft Exchange ActiveSync, pode acceder ás
súas mensaxes de correo electrónico corporativo, citas do calendario e contactos
directamente no dispositivo. Cando finalice os axustes, poderá localizar a súa
información nas aplicacións
Correo electrónico, Calendario e Contactos.
55
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para configurar unha conta EAS para sincronizar
1
Asegúrese de ter á man a información de servidor e dominio (como a forneceu o
administrador da rede corporativa).
2
Dende a Pantalla de inicio, pulse .
3
Pulse
Axustes > Sincronizar conta > Engadir conta > Exchange ActiveSync.
4
Introduza o seu enderezo de correo electrónico corporativo e o contrasinal.
5
Pulse
Seguinte. O dispositivo comeza a recuperar a información da conta. No
caso de se producir un erro, especifique manualmente a información de dominio e
servidor da súa conta e despois pulse
Seguinte.
6
Pulse
ACEPTAR para permitir que o seu servidor corporativo controle o
dispositivo.
7
Seleccione un método e intervalo de sincronización e os datos que quere
sincronizar co dispositivo, como os contactos e as entradas do calendario.
8
Pulse
Seguinte, a continuación seleccione o tipo de notificación recibida para os
novos correos.
9
Pulse
Seguinte de novo. Introduza un nome para a conta corporativa e pulse
Finalizar configuración.
10
En caso necesario, active os axustes do administrador de dispositivos para
permitir que o seu servidor corporativo poida controlar determinadas directivas de
seguridade do seu dispositivo, como desactivar a gravación de voz e usar a
encriptación do almacenamento De non ser así, a configuración da conta nun
funciona.
Se cambia o contrasinal de inicio de sesión dunha conta EAS desde o ordenador, terá que
volver iniciar sesión na conta desde o dispositivo.
Para cambiar os axustes dunha conta EAS
1
Dende a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Correo electrónico e logo .
3
Pulse
Axustes e seleccione unha conta EAS; despois cambie os axustes da conta
como desexe.
Para establecer un intervalo de sincronización para unha conta EAS
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Pulse
Correo electrónico e logo .
3
Pulse
Axustes e seleccione unha conta EAS.
4
Pulse
Frecuencia de busca > Frecuencia de busca e seleccione unha opción de
intervalo.
Para eliminar unha conta EAS
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse >
Axustes > Sincronizar conta.
2
Pulse
Exchange ActiveSync e despois seleccione a conta EAS que desexa
eliminar.
3
Pulse e logo
Eliminar conta.
4
Pulse
Eliminar conta de novo para confirmar.
56
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.