Visualización de vídeos na aplicación Video
Use a aplicación Video para reproducir películas e outro contido de vídeo que teña
gardado ou descargado no seu dispositivo. A aplicación Video tamén lle axuda a obter
portadas, resumos, información do xénero e detalles do director de cada película. Tamén
pode reproducir as súas películas noutros dispositivos conectados á mesma rede.
É posible que algúns ficheiros de vídeo non se poidan reproducir na aplicación Video.
1
Pulse a icona para abrir o menú da pantalla de inicio de Vídeo
2
Amosar o vídeo reproducido máis recentemente
3
Arrastre o bordo esquerdo da pantalla cara á dereita para navegar por todos os vídeos descargados e
gardados
4
Ver todos os vídeos gardados no dispositivo
5
Ver vídeos en liña
6
Pulse para reproducir ficheiros de vídeo gardados ou descargados
7
Ver as opcións de menú dun vídeo
8
Desprácese cara arriba ou abaixo para ver o contido
Sony Entertainment Network con PlayStation™ Video non está dispoñible en todos os
mercados. Aplícanse termos e condicións adicionais.
Para reproducir un vídeo
1
Dende a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse
Vídeo.
2
Localice e pulse o vídeo que desexe reproducir. Se o vídeo non se amosa na
pantalla, pulse para abrir o menú da pantalla de inicio e logo localice e pulse o
vídeo que desexe reproducir.
3
Para amosar ou ocultar os controis, pulse na pantalla.
4
Para facer unha pausa na reprodución, pulse . Para continuar a reprodución,
pulse .
5
Para retroceder, arrastre o marcador da barra de progreso cara á esquerda. Para
avanzar, arrastre o marcador da barra de progreso cara á dereita.
Para reproducir un vídeo nun dispositivo externo
120
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Ao reproducir o vídeo, pulse a pantalla para amosar todos os controis.
2
Pulse >
Throw.
3
Seleccione un dispositivo externo no que vai reproducirse o vídeo. Se non está
dispoñible ningún dispositivo externo, siga as instrucións en pantalla para engadir
un.
Para cambiar os axustes
1
Dende a Pantalla de inicio, pulse e logo localice e pulse
Vídeo.
2
Pulse para abrir o menú da pantalla de inicio e a continuación pulse
Axustes.
3
Cambie os axustes como desexe.
Para cambiar os axustes de son mentres se reproduce un vídeo
1
Mentres se reproduce un vídeo, pulse a pantalla para amosar os controis.
2
Pulse >
Configuración de son, despois cambie a configuración segundo as súas
preferencias.
3
Cando remate, pulse
Acept..
Para compartir un vídeo
1
Durante a reprodución dun vídeo, pulse , entón pulse
Compartir.
2
Pulse na aplicación que desexe usar para compartir o vídeo seleccionado,
despois siga los pasos correspondentes para envialo.