Sony Xperia M5 - Usar os servizos de localización

background image

Usar os servizos de localización

Os servizos de localización permiten ás aplicacións como Mapas e a cámara usar

información de redes Wi-Fi e do sistema de posicionamento global (GPS) para

determinar a súa localización aproximada. Se non está nunha liña clara de visión para os

satélites GPS, o dispositivo pode determinar a súa localización mediante a función Wi-Fi.

E se non está no alcance dunha rede Wi-Fi, o dispositivo pode determinar a súa

localización usando a rede móbil.
Para usar o seu dispositivo para averiguar onde está, cómpre activar o servizo de

localización.

Se se conecta á Internet dende o seu dispositivo, pódenselle aplicar cargos por tráfico de

datos.

Para activar ou desactivar os servizos de localización.

1

Dende a súa

Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Servizos de localización, e logo pulse o control

desprazabre para activar ou desactivar os servizos de localización.

Mellorar a precisión do GPS

A primeira vez que utilice a función GPS no dispositivo, pode tardar uns minutos en

atopar a súa localización. Para axudar na procura, asegúrese de ter unha visión clara do

ceo. Permaneza quieto e non cubra a antena GPS (a zona marcada na imaxe). Os sinais

do GPS poden atravesar nubes e plástico, pero non poden pasar a través da maioría de

obxectos sólidos, como edificios ou montañas. Se a súa localización non se atopa

despois duns minutos, móvase a outra localización.